Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

NOVO USO DO SÉTIMORECUNCHO

          A partir da próxima semana, porei entradas neste blog os martes e os xoves!!           Neste momento tendes moito material para facer e para pensar na nova AULA VIRTUAL de 3º e 4º!! Espero que vos estea gustando moito. Ademais non vos podedes esquecer de xogar, eh!           Sígueme encantando recibir os vosos mails, non deixedes de mandarnos.

PROPOSTA 11

TRES CARACOIS  Tres caracois tiñan unha empanada; dous eran maiores e un era máis pequeno. O máis pequeno chamábase Remoldiño. Os tres decidiron ir ao monte a comer a empanada. Cando chegaron, sentaron para comezar a comer. —Olvidóusenos o viño! Remoldiño, vai polo viño! —Non, non vou, que comedes toda a empanada. —dixo Remoldiño! —Non; que non, que non a comemos. —Dixeron os outros caracois. —Si que a comedes. —Volveu dicir Remoldiño! —Non comemos, non.—Dixeron os demais. Ata que mandaron a Remoldiño polo viño. E Remoldiño, en vez de marchar polo viño, quedou detrás dunha pedra escoitando a ver se lle comían a empanada. E pasaron dous días e Remoldiño non volvía co viño, e dixeron: —Bueno, Remoldiño non volve co viño, imos comer a empanada. Entón saíu Remoldiño detrás dunha pedra e dixo: —Iades comer a empanada sen min, lampantíns! Pois agora non vou polo viño! - Que opinades da actuación de Remoldiño? 

PROPOSTA 10

TÓCANOS DESCRIBIRNOS!! A proposta de hoxe será a seguinte. Tendes que describirvos pero dicindo cousas totalmente contrarias ás reais. Por exemplo, se eu me describise así, poría... "Chámome Uxía e son avogada. Traballo nun bufete de avogados que está en Rianxo, lugar onde nacín. Non me gusta moito o meu traballo, pero agora éme difícil cambiar. Son moi morena de pel, teño o pelo curto e moi liso. Os meus ollos son verdes e mido 1,50cm. Gústame vestir sempre con roupa negra ou gris e non me gusta nada maquillarme. O que menos me gusta do mundo son os nenos e as nenas. Abúrrenme moito e resúltanme pesados. Tampouco me gusta nada ler nin o Entroido. Encántanme as motos e os barcos. Tamén me gusta moito o deporte. Todos os días corro polo menos 15 quilómetros, é moi divertido." Entendido? Sería xenialísimo que despois acompañárades a descrición cun estupendo debuxo do voso novo "EU". Estou desexando ver esas novas alumnas e alumnos que vou te

PROPOSTA 9

VOLVEMOS XOGAR!!!! Pois como parece que o que máis vos gusta facer é xogar, creo que o mellor é que o sigades facendo. A min non se me ocorre mellor plan. Así que aquí vos envío un dos vosos xogos favoritos, o Memory. Neste caso o de profesións. Xa me contaredes que tal vos resulta facelo na casa. Quero fotos!!! Tamén me encantaría recibir calquera suxestión que teñades sobre o que vos gustaría que vos mandase por aquí.  A XOGAR TODO O MUNDO!! MEMORY PROFESIÓNS

PROPOSTA 8

IMOS PENSAR, IMOS ESCRIBIR... - Todos os días cando saio ás 8 a aplaudir na miña ventá, penso... - O primeiro que me gustaría facer cando poidamos saír da casa é... - Dende que estamos de corentena descubrín que me gusta moito... - Á persoa ou persoas que máis boto de menos é ou son... - Se agora mesmo puidera pechar o ollos e teletransportarme a outro lugar iría a... Propóñovos a todos e todas rematar estas frases, sobre todo os e as de 4º podedes espraiarvos moito! Estarei encantada de recibir no meu correo esta proposta.  Farédelo xenial!

PROPOSTA 7

SORPRESA!!! Que vos parece? Nin Ledicia Costas nin eu queremos que vos perdades o final da Señorita Bubble. O estupendo libro que estivemos lendo na clase durante o 2º trimestre. Para acceder ao libro, podedes facelo a través de  GALICIALE.GAL   como socios dalgunha biblioteca pública ou rexistrándovos como novos usuarios. Se non podedes acceder á plataforma ou se os exemplares se agotan, contactade comigo a través do correo. GOZADE DA LECTURA!

PROPOSTA 6

Imaxe
HOXE IREMOS AO TEATRO!! Pois si, faremos unha saída ao teatro. Será un pouco diferente ás que adoitamos facer na escola, pero efectivamente veremos teatro.  Será grazas á compañía Caramuxo teatro , que comparte con todos e todas nós a súa obra "FEO" , (premio María Casares e mellor Espectáculo Infantil). GOZÁDEA MOITO! Estade atentos e atentas porque nesta Semana santa diferente, mandareivos algunha sorpresa.

PROPOSTA 5

Bótovos moito de menos, espero que vós tamén :) Apetéceme moito vervos. Propóñovos que me enviedes un vídeo onde me contedes as cousas boas e as malas de estar metidos na casa. Xa recibín algúns estupendos. Recordade facelo en galego, que non se despiste ninguén :) Os vídeos non poden ser moi longos, para que poidades mandalos ao correo sen problema.  Eu déixovos aquí o meu: #EUQUEDONACASA Que vos parece se publico aquí todos os vosos vídeos? Así todos e todas as compañeiras poderán ver o ben que o facedes. Que o voso pai ou nai me autoricen no correo se están de acordo coa publicación! Podedes mandarme o vídeo ao correo electrónico: fatima.carames@colexiomartincodax.com

PROPOSTA 4

Imaxe
ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES! Pois hoxe toca un pouco de música, que vos parece? Aquí vos deixo o vídeo para que gocedes con este poema cantado: Pertence a Rosalía de Castro, a autora máis importante da literatura galega. Falaremos moito dela no 3º trimestre. Isto é só un adianto. A música a este poema ponlla Amancio Prada, un importante compositor e cantautor español. Despois de escoitalo tantas veces como queirades gustaríame que pensárades un momento.  - De que fala?  - Cal é o tema que trata? - É triste? É alegre? Podedes contarme as vosas impresións e enviarmas ao meu correo.  Moitos e moitas de vós estades escribindo en follas e facéndolle fotos, paréceme unha idea estupenda.