Publicacións

PROPOSTA 21

Imaxe
E vai outra de adiviñas...

PROPOSTA 20

A CAIXIÑA DOS VERSOS Fun rebuscar, na caixiña dos versos, atopei un poema feito e perfecto. Fun rebuscar na caixiña do peito, (onde levo gardados os sentimentos), alí estabas ti, sorrindo nun verso, co teu asubío, co teu riso ledo. Abrín a caixiña, voaron os versos, dixeron as cousas todas que eu quero, as palabras e os versos do amor verdadeiro. Mónica Inés Varela Gestoso - Seredes quen de coller unha caixiña con versos e crear o voso propio poema? Se o facedes, encantaríame ver as vosas creacións.

PROPOSTA 19

Imaxe

PROPOSTA 18

Imaxe

PROPOSTA 17

Xogamos outra vez? Xa hai tempo que non o facemos e vai tocando! Recordades o que son os antónimos ? Seguro que si. Son palabras que significan o contrario. Pois aquí vos deixo este xogo cunha chea de palabras antónimas. Podedes imprimilas así como están e recortar, ou ben copialas en follas co voso propio deseño. Despois buscade a maneira de xogar. O obxectivo é pasalo ben e de paso aprender un pouquiño. XOGO ANTÓNIMOS Gozade infinito!

PROPOSTA 16

Chegamos á proposta 16, xa van unhas cantas. Xa van uns cantos días diferentes, ou xa non son tan diferentes? Como eran os de antes? Como vos gustaría que foran os seguintes? Que deberíamos aprender de toda esta experiencia que acabamos ou que aínda estamos a vivir? Como queredes que sexa a escola cando volvades en setembro? Igual que como a deixastes? Ou debería ser mellor? De que maneira? Teño ganas de lervos, de facer que pensedes, que reflexionedes e que me contedes. Podería ser?