Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

PROPOSTA 19

Imaxe

PROPOSTA 18

Imaxe

PROPOSTA 17

Xogamos outra vez? Xa hai tempo que non o facemos e vai tocando! Recordades o que son os antónimos ? Seguro que si. Son palabras que significan o contrario. Pois aquí vos deixo este xogo cunha chea de palabras antónimas. Podedes imprimilas así como están e recortar, ou ben copialas en follas co voso propio deseño. Despois buscade a maneira de xogar. O obxectivo é pasalo ben e de paso aprender un pouquiño. XOGO ANTÓNIMOS Gozade infinito!

PROPOSTA 16

Chegamos á proposta 16, xa van unhas cantas. Xa van uns cantos días diferentes, ou xa non son tan diferentes? Como eran os de antes? Como vos gustaría que foran os seguintes? Que deberíamos aprender de toda esta experiencia que acabamos ou que aínda estamos a vivir? Como queredes que sexa a escola cando volvades en setembro? Igual que como a deixastes? Ou debería ser mellor? De que maneira? Teño ganas de lervos, de facer que pensedes, que reflexionedes e que me contedes. Podería ser?

PROPOSTA 15

O VENTO O vento esperta moi cedo e vai ao traballo. O vento ten por diante unha dura xornada laboral: move os muíños de vento, sexa a roupa da xente, desprende as follas das árbores, empurra os veleiros… -Menos mal que o mar non é costa arriba! –di. O vento traballa moito, pero tamén ten o seu tempo libre. O vento, no seu tempo libre, divírtese todo o que pode: voa os sombreiros aos cabaleiros, despeitea as señoras, pecha as portas de golpe… O vento divírtese todo o que pode. Ás veces, mentres asubía a súa eterna canción, pódese ver en forma de tornado, dando voltas e máis voltas. Porque un tornado non é outra cousa que o vento bailando. Propóñovos que debuxedes o vento. Seredes quen?

PROPOSTA 14

Imaxe
IMOS DE NOVO AO TEATRO!!! Levamos moito tempo sen facer unha saída, así que esta semana toca!!       Caramuxo teatro presenta “PÍO”. Un novo espectáculo que mistura o teatro con actores e actrices co teatro de monicreques.       Unha historia chea de humor e tenrura para toda a familia que nos contará a historia de Pío, un pequeno paxaro que nace só na fraga, sen ningún referente a seguir.       O pequeno Pío coñecerá na súa aventura a unha morea de animais que viven na fraga e descubrirá que non é un peixe, nin un coelliño, nin tampouco unha toupa.       No final desa fantástica travesía sentirá o impulso de voar, de sentirse libre coma un paxaro.       Unha nova proposta pensada para toda a familia cunha coidada estética e uns bonecos deseñados por Oscar Villán (Premio Nacional de Ilustración coñecido por ilustrar “O coelliño branco” ou “A cebra Camila”.               GOZÁDEA MOITO!!!!!

PROPOSTA 13

Imos ler un... POEMA       Despois de lelo, propóñovos que o ilustredes de calquera maneira menos debuxándoo.       Podedes utilizar calquera material que teñades pola casa.       Toca botarlle imaxinación, que tendes infinita.              Estou desexando ver as vosas creacións!

PROPOSTA 12

Imaxe
E vai unha de adiviñas...         Aquí tendes unhas cantas adiviñas para resolver. Primeiro intentádeo sen mirar as respostas. Se non sodes quen, axudádevos delas.         Espero que vos gusten...