Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

PROPOSTA 3

XOGO DOS SINÓNIMOS! Os e as de 4º de Primaria recordades que este ano xogamos a un xogo de sinónimos, verdade? Pois propóñovos que o fagades vós na casa e despois que xoguedes cos vosos. Seguro que lle gañades por goleada. En 3º de Primaria non utilizamos aínda este xogo, pero se queredes podedes facelo tamén e para o próximo curso seredes xa uns e unhas expertas. Que vos parece? No seguinte enlace déixovos o material e as solucións:  XOGO DE SINÓNIMOS Podedes imprimir, se tendes maneira ou senón copiar as palabras directamente en follas, cartolinas, cartóns... Podedes xogar como un memory ou ben repartindo as cartas entre todos os xogadores e tentando facer parellas. Xa me contaredes! Encantaríame ver as vosas obras! Podedes facerlle fotos e mandarmas ao meu correo: fatima.carames@colexiomartincodax.com

PROPOSTA 2

Propúxenvos ao comezo do confinamento que fixerades un diario. Para entrentervos, para reflexionar, algo inevitable cando escribimos e tamén para que vos quedase de recordo. Se o estades facendo, encantaríame botarlle un ollo.  Recordade, sempre en galego ;) Podedes enviarmo ao correo electrónico: fatima.carames@colexiomartincodax.com

O NOSO DESAFÍO

Imaxe
Estou segura de que a maioría xa vistes este vídeo que con moito cariño fixemos os e as profes do cole. Pero por se falta alguén por velo, aquí o deixo. Gozádeo!!

SUSCRÍBETE!

Se queredes recibir no voso mail as novas publicacións do SÉTIMO RECUNCHO, pinchade en "suscribirse" e seguide as instrucións!!

PROPOSTA 1

Non hai nada mellor que un confinamento para ler, para buscar o noso lugar na casa, un lugar cómodo, acolledor, ao que teñamos ganas de ir para saber como vai acabar ou como vai a empezar esa historia. Recoñézovos que eu levo lido máis nestas dúas semanas que nos últimos dous meses. Non llo digades a ninguén. A miña primeira proposta é que me contedes o que estades lendo, se vos gusta, se non vos gusta, se vos aburre, se xa rematastes. Que foi o que máis vos gustou, ou o que menos.  Podedes enviarmo ao meu correo electrónico: fatima.carames@colexiomartincodax.com

Benvidos ao sétimo recuncho!

Ola a todos e todas: Decidín crear este espazo para que poidamos comunicarnos durante este tempo diferente. Eu ireivos facendo propostas e vós podedes ir mandándomas.  Non hai nada obrigatorio, só me apetece saber de vós e que vós saibades de min. Para enviarme as propostas recórdovos o meu correo electrónico: fatima.carames@colexiomartincodax.com