PROPOSTA 10

TÓCANOS DESCRIBIRNOS!!

A proposta de hoxe será a seguinte. Tendes que describirvos pero dicindo cousas totalmente contrarias ás reais.

Por exemplo, se eu me describise así, poría...

"Chámome Uxía e son avogada. Traballo nun bufete de avogados que está en Rianxo, lugar onde nacín. Non me gusta moito o meu traballo, pero agora éme difícil cambiar.
Son moi morena de pel, teño o pelo curto e moi liso. Os meus ollos son verdes e mido 1,50cm. Gústame vestir sempre con roupa negra ou gris e non me gusta nada maquillarme.
O que menos me gusta do mundo son os nenos e as nenas. Abúrrenme moito e resúltanme pesados. Tampouco me gusta nada ler nin o Entroido. Encántanme as motos e os barcos. Tamén me gusta moito o deporte. Todos os días corro polo menos 15 quilómetros, é moi divertido."

Entendido?

Sería xenialísimo que despois acompañárades a descrición cun estupendo debuxo do voso novo "EU".
Estou desexando ver esas novas alumnas e alumnos que vou ter.
Ánimo!

Comentarios

  1. Ola, chàmome Bruce,
    Son rubio, de pelo rizado e moi moi moi alto. De feito xogo ao baloncesto na mellor liga do planeta, a NBA.
    Vivo na cidade mas expectacular do mundo: New York. Pero aborrezco os rañaceos ainda que merquei o piso 25 dun deles, so polas vistas a estatua da liberdade. Sinto vertixe.
    Teño 5 fillos, ainda que ningun xogarà ao baloncesto, xa que son de altos coma a sùa nai.
    Viaxo continuamente polos Estados Unidos por traballo, pero non soporto voar, asì que intento ir no meu automobil.
    Se queredes saber algo maìs, preguntade.
    Atentamente, Bruce.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Bruce:
      Caramba, que vida tan intersante a túa. Grazas por escribirnos e contarnos como é. Quedamos todos e todas con moitas ganas de coñecerte. A ver se podemos pronto.
      Un bico xigante.

      Eliminar
  2. Ola son Braulio, teño corenta e nove anos, non son moi fraco e tampoco moi alto.

    Teño pelo rizado, escuro e curto, os meus ollos son azuis e pequenos, mentras que a meu nariz é moi grande, como a miña boca.

    Gústame vestir de cor negro, fágome cristas e son unha estrela de rock polo que vivo nas Vegas
    Ademais tamén gústame andar na bici. Non teño familia pero teño catro gatos aos que quero moitísimo.

    Hoxe pola noite teño un concerto na praia e iso que non me gusta nada, ni a area, nin a agua.

    Estades todos convidados o meu próximo concerto, despois deste!!

    Deica logo!!










    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Braulio, acabo de quedar impresionada coa estupenda descrición que acabas de facer sobre ti mesmo. Ben expresada e ben estruturada, está xenial.
      Ademais parece que tes unha vida moi interesante. Gústame.
      Tamén me gustaría saber quen fixo esta descrición de verdade, porque só co nome non me chega, porfiiiii.
      Grazas
      Bicos.

      Eliminar
  3. Chamome Marcos e teño dazasete anos e nacin na Coruña .
    E o que menos me gusta son os meus amigos e o que mais me gusta è a guitarra.
    Non teño pelo e teño os dentes como os de un coello e os meus ollo son pequenos e a nariz afilada como a de unha aguia, vestir con vaqueros e polo.
    Adeus.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Marcos:
      A verdade é que con esa descrición que me mandas non me quedan moitas ganas de querer coñecerte.
      O que si teño que dicir é que a descrición está moi ben feita, moi ben expresada. Parabéns, Marcos.

      Biiiiiicos xigantes, David.

      Eliminar
  4. Ola.
    O me nome e Noa e son una excelente amazona. Teño un cabalo chamado Raio e una yegua que está a punto de parir.
    Son una rapaza de 14 años. O meu pelo e de cor vermella e teño unhas pocas pecas nos meus mofletes e uns ollos azuis e teño un pirsin na barriga. Encantame pintar e xogo moito o monopoli e sempre merco o paseo do prado. Se alguen quere un cabalo bebé que contecte conmigo. Bicos😘😘 .

    Chsssss....... Son Noela pero con llo digas a nadie






    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Noa:
      Está moi ben a túa descrición. Clara e concisa, dicindo o que hai que dicir. Como me gustan as amazonas!
      Cando nos vexamos xa me ensinarás ese piercing!
      Un bico gordo, Noa.

      Tranquila Noela, eu non llo digo a ninguén...shhhhhhhhhhhh

      Fátima

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

PROPOSTA 7

PROPOSTA 5

PROPOSTA 11