PROPOSTA 5



Bótovos moito de menos, espero que vós tamén :)
Apetéceme moito vervos. Propóñovos que me enviedes un vídeo onde me contedes as cousas boas e as malas de estar metidos na casa. Xa recibín algúns estupendos.
Recordade facelo en galego, que non se despiste ninguén :) Os vídeos non poden ser moi longos, para que poidades mandalos ao correo sen problema. 
Eu déixovos aquí o meu:







#EUQUEDONACASA

Que vos parece se publico aquí todos os vosos vídeos? Así todos e todas as compañeiras poderán ver o ben que o facedes. Que o voso pai ou nai me autoricen no correo se están de acordo coa publicación!

Podedes mandarme o vídeo ao correo electrónico: fatima.carames@colexiomartincodax.com

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROPOSTA 7

PROPOSTA 11