PROPOSTA 8

IMOS PENSAR, IMOS ESCRIBIR...

- Todos os días cando saio ás 8 a aplaudir na miña ventá, penso...

- O primeiro que me gustaría facer cando poidamos saír da casa é...

- Dende que estamos de corentena descubrín que me gusta moito...

- Á persoa ou persoas que máis boto de menos é ou son...

- Se agora mesmo puidera pechar o ollos e teletransportarme a outro lugar iría a...



Propóñovos a todos e todas rematar estas frases, sobre todo os e as de 4º podedes espraiarvos moito!
Estarei encantada de recibir no meu correo esta proposta. 

Farédelo xenial!

Comentarios

  1. Ola Fátima!
    Eu pensó en poder salir.
    Quero ver a miña familia e os meus amigos.
    Non descubrin nada novo.
    Amiña prima Nerea e os profes.
    A Barcelona.

    ResponderEliminar
  2. Ola son Xurxo
    sinto alegría
    quero xogar ao fútbol cos meus amigos
    descubrín que me encanta xogar ao parchís
    boto de menos aos meus amigos e tíos
    iría a Cangas , a praia

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola son David Seoane eu tamen paso os veranos en Cangas,na Praia de Nerga

      Eliminar
    2. Ola Xurxo:
      É xenial descubrir cousas novas que nos gustan. Segue así, estou segura de que descubrirás moitas máis.
      En nada poderás xogar ao parchís nalgunha praia de Cangas.
      Mándoche un bico moi forte.

      Ola David:
      En menos do que imaxinas, estarás paseando pola praia de Nerga, verás.
      Bicos xigantes.

      Eliminar
  3. Ola son Manu de 4ºC
    eu non saio a aplaudir por que vivo nunha casa.
    o primeiro que vou a facer cando poda sair da casa e comer coa miña familia.
    descubrin que me gustan moito as manualidades.
    as persoas que mais echo de menos sonson os meus tios meus amigos e meus avos .
    gustariame ir a praia.

    un saludiño

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas por escribirme, Manuel.
      Xenial que esteas descubrindo novas cousas que che gustan. É fantástico.
      Segue así.
      Bico xigante.

      Eliminar
  4. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Fatima, son Gabri 4A
      En poder ir a casa dos meus avos
      Poder ir o colexio e ver os meus amigos
      A musica
      Os meus avos
      Ir a xogar co meu amigo Andre

      Eliminar
    2. Grazas por escribirme, Gabri
      Verás que dentro de moi pouco poderás facer todas esas cousas e moitas máis.
      Bicos infinitos.

      Eliminar
  5. Ola Fátima son alba de 4B,
    eu penso en canto me gustaria poder sair da casa,
    o primeiro que me gustaria facer e poder volver a entrenar,
    non descubrín nada novo,
    as persoas que mais boto de menos son os meus familiares e as miñas amigas,
    gustariame viaxar a Australia!!!
    moitos bicos!!!!! xa queda pouco para vernos!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

PROPOSTA 7

PROPOSTA 5