PROPOSTA 20


A CAIXIÑA DOS VERSOS

Fun rebuscar,
na caixiña dos versos,
atopei un poema
feito e perfecto.

Fun rebuscar
na caixiña do peito,
(onde levo gardados
os sentimentos),
alí estabas ti,
sorrindo nun verso,
co teu asubío,
co teu riso ledo.

Abrín a caixiña,
voaron os versos,
dixeron as cousas
todas que eu quero,
as palabras e os versos
do amor verdadeiro.

Mónica Inés Varela Gestoso

- Seredes quen de coller unha caixiña con versos e crear o voso propio poema? Se o facedes, encantaríame ver as vosas creacións.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROPOSTA 7

PROPOSTA 5

PROPOSTA 11