PROPOSTA 14


IMOS DE NOVO AO TEATRO!!!

Levamos moito tempo sen facer unha saída, así que esta semana toca!!


      Caramuxo teatro presenta “PÍO”. Un novo espectáculo que mistura o teatro con actores e actrices co teatro de monicreques.
      Unha historia chea de humor e tenrura para toda a familia que nos contará a historia de Pío, un pequeno paxaro que nace só na fraga, sen ningún referente a seguir.
      O pequeno Pío coñecerá na súa aventura a unha morea de animais que viven na fraga e descubrirá que non é un peixe, nin un coelliño, nin tampouco unha toupa.
      No final desa fantástica travesía sentirá o impulso de voar, de sentirse libre coma un paxaro.
      Unha nova proposta pensada para toda a familia cunha coidada estética e uns bonecos deseñados por Oscar Villán (Premio Nacional de Ilustración coñecido por ilustrar “O coelliño branco” ou “A cebra Camila”.
       
      GOZÁDEA MOITO!!!!!

Comentarios

  1. Gustoume moito a obra cando Pío se beso .
    Bicoooos

    ResponderEliminar
  2. Ola Fátima,
    Son Xurxo, a parte que máis me gustou foi cando se abriu o ovo.
    un bico

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

PROPOSTA 11

PROPOSTA 1

PROPOSTA 8