PROPOSTA 15


O VENTO
O vento esperta moi cedo e vai ao traballo. O vento ten por diante unha dura xornada laboral: move os muíños de vento, sexa a roupa da xente, desprende as follas das árbores, empurra os veleiros…
-Menos mal que o mar non é costa arriba! –di.
O vento traballa moito, pero tamén ten o seu tempo libre. O vento, no seu tempo libre, divírtese todo o que pode: voa os sombreiros aos cabaleiros, despeitea as señoras, pecha as portas de golpe…
O vento divírtese todo o que pode. Ás veces, mentres asubía a súa eterna canción, pódese ver en forma de tornado, dando voltas e máis voltas. Porque un tornado non é outra cousa que o vento bailando.




Propóñovos que debuxedes o vento. Seredes quen?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROPOSTA 7

PROPOSTA 5

PROPOSTA 11