PROPOSTA 3

XOGO DOS SINÓNIMOS!

Os e as de 4º de Primaria recordades que este ano xogamos a un xogo de sinónimos, verdade?
Pois propóñovos que o fagades vós na casa e despois que xoguedes cos vosos. Seguro que lle gañades por goleada.

En 3º de Primaria non utilizamos aínda este xogo, pero se queredes podedes facelo tamén e para o próximo curso seredes xa uns e unhas expertas. Que vos parece?

No seguinte enlace déixovos o material e as solucións: 


XOGO DE SINÓNIMOS


Podedes imprimir, se tendes maneira ou senón copiar as palabras directamente en follas, cartolinas, cartóns...
Podedes xogar como un memory ou ben repartindo as cartas entre todos os xogadores e tentando facer parellas.
Xa me contaredes!

Encantaríame ver as vosas obras!

Podedes facerlle fotos e mandarmas ao meu correo: fatima.carames@colexiomartincodax.com


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROPOSTA 7

PROPOSTA 5