Escoitamos, creamos, investigamos, xogamos, escribimos e comprendemos, os nosos 6 recunchos. Aquí tendes o sétimo recuncho para esta época especial...
PROPOSTA 12
Obter ligazón
Facebook
Twitter
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
E vai unha de adiviñas...
Aquí tendes unhas cantas adiviñas para resolver. Primeiro intentádeo sen mirar as respostas. Se non sodes quen, axudádevos delas. Espero que vos gusten...
Ola David: Se ti es un experto adiviñador. Axudouche o ver as respostas que puxen do revés? Outro día porei outras e seguro que as adiviñas todas. Biiiicos xigantes.
Ola Fátima. Son Noela de terceiro B. Xa hice as tuas adiviñas. Soamen fallei a da Oscuridade e a das Tesoiras e costoume un pouco adiviñar a da Gata. As outras me pareceron moi fáciles. Algunas nada máis empezar a lelas xa as adiviñei. Un bico.
SORPRESA!!! Que vos parece? Nin Ledicia Costas nin eu queremos que vos perdades o final da Señorita Bubble. O estupendo libro que estivemos lendo na clase durante o 2º trimestre. Para acceder ao libro, podedes facelo a través de GALICIALE.GAL como socios dalgunha biblioteca pública ou rexistrándovos como novos usuarios. Se non podedes acceder á plataforma ou se os exemplares se agotan, contactade comigo a través do correo. GOZADE DA LECTURA!
Bótovos moito de menos, espero que vós tamén :) Apetéceme moito vervos. Propóñovos que me enviedes un vídeo onde me contedes as cousas boas e as malas de estar metidos na casa. Xa recibín algúns estupendos. Recordade facelo en galego, que non se despiste ninguén :) Os vídeos non poden ser moi longos, para que poidades mandalos ao correo sen problema. Eu déixovos aquí o meu: #EUQUEDONACASA Que vos parece se publico aquí todos os vosos vídeos? Así todos e todas as compañeiras poderán ver o ben que o facedes. Que o voso pai ou nai me autoricen no correo se están de acordo coa publicación! Podedes mandarme o vídeo ao correo electrónico: fatima.carames@colexiomartincodax.com
TRES CARACOIS Tres caracois tiñan unha empanada; dous eran maiores e un era máis pequeno. O máis pequeno chamábase Remoldiño. Os tres decidiron ir ao monte a comer a empanada. Cando chegaron, sentaron para comezar a comer. —Olvidóusenos o viño! Remoldiño, vai polo viño! —Non, non vou, que comedes toda a empanada. —dixo Remoldiño! —Non; que non, que non a comemos. —Dixeron os outros caracois. —Si que a comedes. —Volveu dicir Remoldiño! —Non comemos, non.—Dixeron os demais. Ata que mandaron a Remoldiño polo viño. E Remoldiño, en vez de marchar polo viño, quedou detrás dunha pedra escoitando a ver se lle comían a empanada. E pasaron dous días e Remoldiño non volvía co viño, e dixeron: —Bueno, Remoldiño non volve co viño, imos comer a empanada. Entón saíu Remoldiño detrás dunha pedra e dixo: —Iades comer a empanada sen min, lampantíns! Pois agora non vou polo viño! - Que opinades da actuación de Remoldiño?
Bos días Fátima son David, fallei a 1,4, y 8.A 1 pensaba que era regadeira, a 4 penséis no tigre e a 8 non tiña idea.
ResponderEliminarOla David:
EliminarSe ti es un experto adiviñador. Axudouche o ver as respostas que puxen do revés?
Outro día porei outras e seguro que as adiviñas todas.
Biiiicos xigantes.
Ola Fátima. Son Noela de terceiro B. Xa hice as tuas adiviñas. Soamen fallei a da Oscuridade e a das Tesoiras e costoume un pouco adiviñar a da Gata.
ResponderEliminarAs outras me pareceron moi fáciles.
Algunas nada máis empezar a lelas xa as adiviñei.
Un bico.
Ola Noela:
EliminarÉ que ti es moi lista e moi adiviñadora. Espero que che gustara a proposta. Outro día poño máis.
Biiiicos gordos.
Ola Fátima,
ResponderEliminarPaseino moi ben coas adiviñanzas
Un bico
Xurxo